Ao longo destes 25 anos, vimos medrar e medrar dende aquelas primeiras veces en que subiron nerviosos ao noso escenario, a moitos músicos, compositores, cantautores e intérpretes, que hoxe en día son realmente grandes. Non esquecemos aos actores, humoristas, contacontos e “demais poetas” que nos honraron coa súa presencia. Tampouco aos diversos artistas que expuxeron as súas obras pictóricas e escultóricas á opinión dos que nos visitan. Apertas a todos.

Hai anos que a oferta musical non se limita ao jazz nos concertos, e outros estilos como o funky, o blues, o flamenco ou o rock gozan de igual acollida no escenario do Club. Non en van, o Clavicémbalo é socio e foi impulsor da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo.

E agora, ao cumprir 25 aniños, o “Clavi” no vai perder a súa identidade. Aquela feita de sons, de iluminación e sombras, combinados, chiscadelas, bicos e apertas, feita de comuñóns diversas; aquela que o converte no abrigo de almas sedentas ou inquedas. Copas ,amizades, músicos, redobres, acordes…

Despois dos 25 anos vividos, o “Clavi” prosegue a súa andaina nocturna estrelada de presencias: Lucrecia, Marc Miralta, Llibert Fortuny, Chano Domínguez, Jerry González, Jorge Pardo, JavierKrahe, Abe Rábade, Paco Charlín, Javier Krahe, Albert Pla, Leo Maslíah, Carmen París, Berrogüeto, Violadores del verso…e mañá quén? ¿Ou se cadra mañá sexa un artista extranxeiro: Gary Bartz,Rez Abassi, Christian Howes, Graham Foster, Ernie Hawkins, Gary Smullyan... Da o mesmo: comeza a actuación, aparece “iso” que viaxa entre os músicos e entre o público,”iso” que transmite forza, eleva e harmoniza “iso”que tamén se transmite a aqueles neófitos que pisan o seu estrado por primeira vez.

Noites e noites de cafés, whisky, ron, estrelas, xenebra, vodkas, mojitos, irlandeses, Cointreau, Tía María e Magno moito Magno… E a próxima, mañá… O “Clavi” chega neste ano 2011 ao XXV aniversario gracias a todos vós, que dunha ou outra maneira tedes contribuído a sumar esta data no seu “currículum”. Dende o principio e ata agora teñense programado neste recuncho de arte, mais de 2000 actividade. ¡Parabéns!