A nosa historia

Club Clavicémbalo.

É un local fundado no ano 1986 que se atopa dende o 31 de agosto de 1995, na rúa Paxariños, 23, e ten, se me permitides a presunción, unhas características propias ou que o diferencian doutros locais que existen no noso querido e aceleradamente destruido planeta (aínda quedan sitios fermosos...).

Neste Club apostamos pola música en directo e por outras actividades culturais.

A nosa aposta foi sempre a calidade; pensamos que só esta nos pode outorgar o apoio dun público que se confía en que a calidade é o noso "principio", se mostrará en boa disposición para aceptar as "novidades" que lle proporemos cada mes.

Ao longo destes 25 anos vimos medrar e medrar dende aquelas primeiras veces en que subiron, nerviosos, ao noso escenario, a moitos músicos; compositores, cantautores, intérpretes, que hoxe en día son realmente grandes. Non esquecemos aos actores, humoristas, contacontos e “demais poetas” que nos honraron coa súa presencia. Tampouco aos diversos artistas que expuxeron as súas obras pictóricas e escultóricas á opinión dos que nos visitan. Apertas a todos.

A programación, dende a mesma apertura do local, foi pensada para promover a música en directo, e o Clavicémbalo colabora actualmente con escolas privadas de música dando a oportunidade aos seus alumnos de presentarse ante o público.

Hai anos que a oferta musical non se limita ao jazz nos concertos, e outros estilos como o funky, o blues, o flamenco ou o rock gozan de igual acollida no escenario do Club. Non en van, o Clavicémbalo é socio e impulsor da Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo.

Clavicémbalo, Clavicémbalo... Espelliño cultural, fiel á súa historia, que ten reflectido, noite tras noite, o prodixio da música en vivo: jazz, blues, funky, bossa, tango, etc. No interior, a Sala sen novos deseños, que o clásico non expira.

E agora, ao cumprir 25 aniños, o “Clavi” no vai perder a súa identidade. Aquela feita de sons, de iluminación e sombras, combinados, chiscadelas, bicos e apertas, feita de comuñóns diversas; aquela que o converte no abrigo de almas sedentas ou inquedas.¡Copas ,amizades, músicos, redobres, acordes...

Despois dos 25 anos vividos, o “Clavi” prosegue a súa andaina nocturna estrelada de presencias: Lucrecia, Marc Miralta, Llibert Fortuny, Chano Domínguez, Jerry González, Jorge Pardo, Javier Krahe, Abe Rábade, Paco Charlín, Javier Ruibal, Albert Pla, Leo Maslíah, Carmen París, Berrogüeto, Violadores del Verso…,e mañá quén? ¿Ou se cadra mañá sexa un artista extranxeiro: **Gary Bartz, Rez Abassi, Christian Howes, Graham Foster, Ernie Hawkins, Gary Smullyan... **Da o mesmo: comeza a actuación, aparece “iso” que viaxa entre músicos e entre o público, “iso” que transmite forza, eleva e harmoniza e “ iso” tamén se transmite a aqueles neófitos que pisan o seu estrado por primeira vez.

Noites e noites de cafés, whisky, ron, estrelas, xenebra, vodkas, mojitos, irlandeses, Cointreau, Tía María e Magno, moito Magno...

Dende a súa inauguración e ata agora, tiveron lugar neste recuncho de arte máis de 2.000 actividades.

E a próxima, mañá… O “Clavi” chega neste ano 2011 ao XXV Aniversario grazas a todos vós que dalgún xeito tedes contribuido a sumar esta data no seu “currículum” particular. ¡Parabéns!

Equipamento:

  • Mesa autoamplificada Soundcraft Spirit Power Station 1200 16 canles + 2 stereos 1200 watios de potencia

  • Procesador audio dixital ultracurve pro DEQ 2496

  • Procesador autocom pro Xl MDX 1600

  • Pro mixer DBX 1231

  • 10 caixas de inxección

  • 2 caixóns de graves marca Bell

  • 2 caixas de agudos marca Bell

  • 4 monitores autoamplificados Behringer A-300

  • 2 monitores DB Technologies M 10-2

Microfonía:

  • 4 Shure SM-57

  • 7 Shures SM-58

  • Sennheiser: 1- 604, 3- E-604, 2- E 606, pes de micro, etc

  • Batería Mapex

  • Piano Yamaha de media cola C-3

  • 2 “amplis” de baixo con pantallas 1- 15” 4- 10” Hartke, cabezais Hartke, Gallien Krueger

Escenario:

  • Medidas: 4,65m x 3,60 m

Aforo: 150 sentadas, 250 sen cadeiras nin mesas.


Contacta con nós

Tamén podes contactar con nós mediante...

Teléfono: 982243270/609983869

Email: club@clavicembalo.com