¿ Qué é ?


A - Instrumento musical de corda e teclado, da mesma familia que o virginal e a espineta, parecido o piano do século XVII-XVIII, cunhas características diferenciadoras deste:

1- Sonido mais metalizado

2- Teclado ó revés, é dicir, as notas naturais en negro, as alteradas en branco.


B - É un local no que estás agora, fundado no ano 1987, aínda que sito na : " Rúa Paxariños, 23 de Lugo "dende o 31 de Agosto de 1995, que ten si me permites, unhas carácterísticas propias, que o diferencian doutros locais que existen no noso querido e aceleradamente destruído planeta (aínda quedan sitios fermosos ...).


Todo este preámbulo, prólogo, introducción, etc é para contarche algo que quero que saibas:

É un clube, no senso máis amplio da palabra, no que se intenta crear e ser unha alternativa á cultura. É un clube no que se pode un ou unha deleitar vendo dende unha obra de teatro ata un concerto de jazz, pasando polo folk, a canción de autor, o blues, etc; e de cando en vez contemplar algunha exposición, ou simplemente tomar unha copa, un café, unha auga nun ambente agradable, que é o que se intenta.

É dicir, un lugar no que se pretende que sempre pase algo, que non sexa un simple abrevadeiro. Tamén é diferente a música que ofrecemos da doutros locais, e iso a xente agradeceo (fora o " bacalao ", por exemplo...).

Pero posiblemente, algo que non saibas é que o " clavi ", é un local de " socios ", explicome: no " clavi "(sexamos xa familiares), existen unha serie de persoas que apostan pola programación e a calidade que ofrecemos mes a mes (un mínimo de 5 actividades por mes; nalgúns meses moitas moitas máis).

E demóstrano pagando unha cantidade fixa mensual, coa que poden entrar gratis a tódalas actividades que se realizan, así como descontos nos diferentes cursos que se programan.

Con isto, quero dicir, que si vos gusta o local, se vos vai o ambente que aquí se respira, se vos agrada o tipo de actividades que se realizan, facédevos socios deste oasis de paz e confort (cursi a tope, pero " bunito "...).



Se non queredes ser socios por ideoloxía, deixadez, pesadez, inoperancia, intransixencia, flacidez, impotencia ou calquer outro motivo tan serio como os anteriomente expostos, non impoooooooooorta. Seredes de tódolos xeitos ben recibidos, pero deberedes pagar unha entrada sempre que haxa algunha actividade (concertos, teatro, etc.).

Graciñas por leelo. Se fostes capaces de chegar ata o remate, deberíanvos premiar, pero non están os tempos para andar tirando a casa pola ventá.

Unha aperta, outra aperta e outra aperta.         

 

 

Programa del mes     Programa do mes          

Actuaciones más destacadas     Actuacións máis destacadas

Gente del Clavi     Xente do Clavi 

Historia del Clavi   Historia do Clavi

Foro de discusiones Foro de discusións

Tour Virtual          History of Clavi    

Colaboraciones y direcciones de interés    Colaboracións e direccións de interese