Ulträqäns

24/May/2013 - 11:50pm

Ulträqäns

EN GALEGO SEN WERTGOÑA

ORGANIZAN: ASOCIACIÓN CULTURA DO PAÍS E LIGA ESTUDANTIL GALEGA. Aarón Bouzón (Cubata de ron): frauta, gaita galega, EWI4000s, whistle, chintófano dos tronos, movementos ameboides. Tino Vilaro (AKA Tinoccio): guitarra eléutrica montealtuna, pose guitarreira definitiva, tapa de zorza & guarisneis. Francisco Amil (Dr. Stropicius): parches e coiros trebónicos, voz, alaridos from hell, arroz manager. Tomás Saiz (Toneherer): acordeón, recordeón e coros, partichelas in the night, paella mixta com sidero-chocos. Antom Díaz (Ocelote): baixo, baixo fretless, contrabaixo, voz, isótopos no peto, semidescontrol locomotivo.

Nasce num andar que salvou do derrubo no bairro corunhés das Atochas-Monte Alto. Agora é um choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas com fúria zoupadora de vários quiloestalos. Música retrovangardística. Steampunk. Ciberfolc. Speedfolc. Psicodélia enxebre. Banda de catro patas e rabo. Ulträqäns reivindica a paixón polo frenesí abrouxador e polo paroxismo. Ulträqäns só quer xolda, pandiga e mala óxtia. Ulträqäns maltrata claquetas e metrónomos. Nom coñece a piedade. Ulträqäns quer abrazarvos fortemente cos seus tentáculos harmónicos de ferro + algoritmo licor café. Quer que o desfrutem. Chipirixouba.