Por mí Swing +Igelaren Banda

30/Apr/2017 - 10:00pm

Domingo 30, Día Internacional do Jazz

??21:30 h... Por mí, Swing Dúas voces femininas, unha voz masculina, contrabaixo, saxo, piano, batería, guitarra. POR MÍ, SWING é unha agrupación especializada na música swing dos anos 30, 40 e 50. Nace ao abrigo de Swingjazz Lugo como resposta ao desexo de dispoñer de música en directo nas festas e eventos swing que organiza o colectivo. O repertorio de POR MÍ, SWING engloba grandes obras do swing máis clásico sen descoida-las novas tendencias como NEOSWING, ELECTROSWING... Recórdese que o xénero swing ten asociados bailes moi populares na primeira metade do século XX en case todo o mundo occidental como o lindy hop, claqué, balboa, charleston, collegiate shag, etc… que desde os anos 80 comenzan a rexurdir experimentando gran popularidade hoxe en día.

? 24:00 h... Igelaren Banda | Euskadi Artistas En Ruta

Bixente Martínez: guitarra; Hasier Oleaga: batería; Amaiur Cajaraville: contrabaixo.

Xurdiu polo 1998 e no ano 2000 editou o seu primeiro disco. En marzo do 2013 presentou Preguntatxo bat (Elkar KD 889). Foi a encargada de compoñer e grava-la sintonía do Campionato Nacional de Bertsolaris do 2013. No outono do 2015 presentou o seu novo disco, Debalde festa. A IGELAREN BANDA gústalle moito a improvisación e o quefacer dos bertsolaris baséase enteiramente na improvisación. Neste Debalde festa crea versos sen palabras, melodías con total liberdade, busca camiños novos harmónica, rítmica e melodicamente. Hasier Oleaga é un músico xove pero con moita experiencia, colaborador habitual de Iñaki Salvador e Ruper Ordorika, entre outros. Amaiur Cajaraville, tras un pasado de rockeiro con greñas, dedícase ao contrabaixo. É colaborador habitual de Benito Lertxundi, Aiko e Mikel Markez, entre outros. Bixente Martinez é membro permanente de Oskorri e fundador de Hiru Truku.