Man de Santo |Reggae/ska/rocksteady

28/Jun/2019 - 11:30pm

Man de Santo |Reggae/ska/rocksteady

Colectivo de músicos nado en 2016 na cidade de Lugo. Amantes dos ritmos tradicionais xamaicanos, tamén se deixan levar polo soul, o jazz e outras músicas que forman parte do seu acervo. The Skatalites, Jimmy Cliff, Desmond Dekker e The Specials son algúns dos referentes que os inspiran á hora de facer un repertorio no cal se conxugan os clásicos duns e outros xéneros con revisións de standards de jazz ben coñecidos e adaptados para convidar ao baile e ao sorriso cómplice. Músicos que forman ou formaron parte de grupos como Os Resentidos, Mercedes Peón, Kibitka, Transilvanians, Arifi, Heredeiros da Crus, Colectivo Bomba, Desorden Público, etc.: Ezequiel Orol, Jesús David Álvarez, Gustavo Salvador, Mestre Rulos, Luis Montero, Quique L. Cendán, Álex Troya, Adrián Real, Martín Vázquez, Miguel F. Batista, Ara Martínez, Toni Vázquez e Tino López