Jamie Fifthring & The Coffee Breakers + Kozmic Blues Ciclo ClubE (Estrella Galicia)

13/Apr/2017 - 11:30pm

Jamie Fifthring & The Coffee Breakers + Kozmic Blues Ciclo ClubE (Estrella Galicia)

Jamie: guitarra, voz; Mundo Bakale: batería; Abel Romero: contrabaixo; Mateo Bruquetas: guitarra.

? Jamie Fifthring despediu a xira de The Pilgrimage (2016) consolidándose como unha das grandes promesas do american folk no noso país. Agora presenta xunto á súa banda o que de seguro é o seu traballo máis ambicioso e persoal. ...And what if it's now?, trece cancións que van desde o folk máis intimista e campestre até o rock influenciado polos 90. Un traballo eléctrico en maior medida, sen perder nunca a referencia das grandes paisaxes de América do Norte. Cunha banda redonda e un directo impecable, obviamente, exuberancia de forza e bo gusto.

? Kozmic Blues. Banda que practica rock norteamericano dos 70 e 90 con escintileos folk. Influenciada por blues e jazz, é dona dun son propio e aberto a ritmos hipnóticos e sombríos. Mestura a voz potente e en ocasións borboriñante que trae á mente cantantes como Janis Joplin, Grace Slick e PJ Harvey con ritmos frenéticos e punzantes na guitarra que recordan aquela característica de Jeff Buckley. Xa gravado o segundo disco, Dream For Winter, nos Estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero.