GUERRERA

8/Apr/2017 - 11:55pm

Guerrera

Nace a finais do 2009, cando Hugo, Álex e Luis empezan a ensaiar; trío de dúas guitarras e batería que centra a súa música no blues rock, o stoner e a psicodelia dos anos 70. Hoxe por hoxe, xa viu a luz Guerrera (Matapadre, 2016), terceiro longa duración da banda, homónimo que aniquila o concepto de stoner e post-hardcore, alcanza lugares só accesibles a través da éxtase espiritual e posúe riffs incisivos coma baionetas afundidas nas sens e unha sección rítmica digna do exército de Aníbal, tal cal nos afixera nos traballos anteriores. Un afrodisíaco de hertzs, unha odisea sonora excitante que atravesa as contornas do rock que acadou cos discos predecesores, Mauna Loa (Matapadre, 2014) e Under the Gypsy Sun (autoeditado, 2012).