Cora Sayers

22/Apr/2017 - 11:30pm

Cora Sayers

Cora Sayers: guitarra, voz; Nico Lysergic: guitarra; Pedro García: baixo; Piru: batería.

Cora Sayers é o alter ego da actriz pontevedresa Cora Velasco. Tras gravar no 2014 o seu primeiro EP, Origen, en setembro do 2015 grava e mestura o LP I’m Home nos Estudios Montealto da Coruña, masterizándoo en Mystery Room Mastering (Wisconsin). O primeiro single do álbum é «You, Home», no que dá renda solta a toda a elegancia da súa voz. O seu tema en acústico «He Rules in Purple» forma parte da banda sonora orixinal da curtametraxe Constelación Urbana, de Luis Galán. Este ano tocaron nas Fiestas Demoscópicas de Mondosonoro en Galicia e Castela e León.