Alberte Montes. Monólogo

23/Mar/2017 - 11:00pm

Alberte Montes | Monólogo

ALBERTE MONTES

Alberte é actor, guionista, director, locutor... e di a súa nai que non fai nada.

No terreo audiovisual participou nunha ducia de curtametraxes, algunha delas premiada a nivel nacional ("2OS") e recentemente nas longametraxes REC (4) e "El olivo" de Iciar Bollaín. Ten colaborado tamén en programas televisivos da produtora El Terrat como "Salvados", "Buenas noches y Buenafuente" ou "En el Aire" e noutros da TVG (Televisión de Galicia). A aparición máis recente nesta canle foi na comedia "Augasquentes" onde encarnaba ao avogado Quique.

Ten feito spots publicitarios como o da coñecida aplicación "Catarrator" para a marca Frenadol ou para a entidade ABANCA en varias ocasións durante o 2016.

Leva máis de 8 anos como monologuista por salas de toda España, ten dous monólogos gravados en Comedy Central e prepara estes meses o terceiro para incorporar á canle temática. Dende hai un par de meses é colaborador no programa "Los lunes al sol" da canle de deportes GOL.