42 Decibel. Argentina

29/Apr/2017 - 11:55pm

42 Decibel | Arxentina

Junior Figueroa: voz, guitarra; Nicko Cambiasso: percusión; Billy Bob: guitarra rítmica; Matt Fraga: baixo.

Banda de hard rock clásico con orixe na cidade de Bos Aires (Arxentina) formada no 2010. Rock´n´Roll en estado puro, creado para o máis rigoroso directo. 42 Decibel podería proceder de calquera garito de Melbourne ou do típico pub musical inglés con música en directo dos anos 70. Sen pretensións, a banda goza do directo e do contacto co público entre o que se sente arroupada en todo momento e co que lle encanta crear esa atmosfera de reciprocidade enérxica. As súas influencias abarcan desde o son clásico australiano de Rose Tattoo e AC/DC ao rock do sur da Creedence e a crueza de bandas como MC5 e Band of Light. Ofrece unha auténtica experiencia de hard rock ao vivo cunha esixencia e profesionalidade sorprendentes nunha banda tan nova. Traballos editados: Hard Rock ‘n’ Roll (2013), Rollin in Town (2015) e Rude, Live and Fast (2016). Xa o din eles: «Hacemos rock ‘n’ roll y no hay mejor forma de comprobar si los nuevos temas son lo que esperamos que descargarlos en directo ante un nuevo público».